
Dámosvos a benvida a AI LAB Galicia 2025, un encontro pioneiro no que exploramos o papel da intelixencia artificial dende unha perspectiva crítica, analítica e profundamente humanista.
O noso obxectivo é comprender a fondo a tecnoloxía, reflexionando sobre o que pode achegar, que riscos implica e a que retos nos enfrontamos como sociedade, sempre abrindo espazos para debater os seus pros e contras con rigor e transparencia.
O evento desenvolverase ao longo de tres xornadas, cada unha centrada nun eixo fundamental:
En AI LAB Galicia 2025 poremos especial atención na parte práctica: aprendizaxe activa, demostracións, casos reais e escenarios que permitan as/aos participantes incorporar a IA ao seu día a día con criterio propio e visión a longo prazo. Un evento para coñecer, debater, crear… e imaxinar colectivamente o futuro da intelixencia artificial en Galicia.
Un repaso dende o alto do impacto a nivel social, laboral, xeoestratéxico e creativo da Intelixencia Artificial na industria cultural.
Bloque 1: A tecnoloxía.
Bloque 2: ChatGPT como asistente para o creador.
Bloque 3: Caso Práctico: Creación dun documento de venda.
Un paseo pola tecnoloxía. Como foron adestrados os modelos de IA xenerativa e como traducir o que imaxinamos a un prompt. Principais ferramentas do mercado.
O prompt é unha ferramenta creativa e técnica. Fundamentos, procesos e trucos para lograr o prompt axeitado.
Como se xera vídeo: text-to-vídeo e imaxe-a-vídeo. Distintos procesos e fluxos de traballo para expandir as posibilidades artísticas nun proxecto. Creación de personaxes, escenarios, personaxes e estilo para un storyboard.
Coherencia da imaxe. Creación de audio e voces. Escalado e cor.
Horario a definir.