Pablo é un creativo no sector da comunicación e a publicidade, xornalista de formación e creador de historias de vocación. Dende a publicación de GPT-3 e DALL·E 2 tivo claro que estabamos #ante un cambio cultural imparable e púxose ao choio desde o minuto un.
Dende entón estivo vinculado á IA xenerativa en practicamente todo o que fai, dende a formación ate a produción audiovisual. Foi o creador de exposicións de imaxe sintética como Magnia e pódcasts xenerativos como Relatos sintéticos. É ademais artista IA para a conceptualización e creación de anuncios publicitarios e curtametraxes, dos que destaca o anuncio de Andalusian Crush, galardoado cun premio Control Publicidade e protagonizado por John Cleese dos Monty Python. Algúns destes proxectos mereceron tamén premios IAB, Dircom y Webby.



