loader image
Óscar González Represas es Director del área de Inteligencia Artificial y Quantum Tech en el Instituto Tecnológico de Galicia

Óscar González Represas

Director Area de IA & Quantum Tech ITG
Background

Sobre Óscar

Óscar González Represas é titulado en Enxeñería Industrial na especialidade de Electricidade Intensificación Automática e Electrónica pola Universidade de Vigo e Posgrao en Telemática na Especialidade Xestión de Rede pola Universidade da Coruña. Comezou a súa traxectoria profesional en R Cable e Telecomunicacións como técnico e posteriormente como responsable de sistemas de rede da compañía. En 2006 incorpórase ao Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) onde é actualmente a director da área de Enxeñería de Software & Intelixencia Artificial e Tecnoloxías Cuánticas.

Ao longo da súa traxectoria en ITG colaborou en máis de 100 proxectos de I+D+i a nivel rexional, nacional e europeo en diferentes ámbitos de aplicación, facéndose intensiva a participación da súa área en tecnoloxías aplicadas a materia de Intelixencia Artificial. ITG é actualmente Centro de Excelencia Cervera en Intelixencia Artificial e en Computación Cuántica recoñecido por CDTI.

Óscar González Represas es Director del área de Inteligencia Artificial y Quantum Tech en el Instituto Tecnológico de Galicia
Óscar González Represas es Director del área de Inteligencia Artificial y Quantum Tech en el Instituto Tecnológico de Galicia

IA aplicada ao Sector Audiovisual

Aproximación ao estado actual da IA. Aplicacións prácticas da IA en sector audiovisual a través da experiencia en proxectos de I+D «Medretia» e «PLATVR». Nestes dous proxectos, expoñeranse os casos de uso ao que os que se atende e como a IA pode dar solución. PLATVR aplica técnicas de IA xenerativa para a construción de escenarios virtuais en producións audiovisuais para o seu consumo en pratos dixitais. Medretia aplica técnicas de IA para valorar o grao de aceptación das producións audiovisuais segundo audiencias ás que vai dirixido, outorgando ás produtoras de contidos unha ferramenta de proxección á venda.

En Internet


NOTICIAS

Mantente informado con nuestro boletín.