loader image
Julián Cerviño es Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia y hablará de Tecnoloxías intelixentes para xestión cultural

Julián Cerviño Iglesia

Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Background

Sobre Julián

Julián Ceviño Iglesia é licenciado en Ciencias Físicas, especialidade de Electrónica (1997, USC). Entre 1998 e 2022 traballou no sector privado, no ámbito da consultoría de sistemas da información.

De 1998 a 2007 ocupou diversos cargos en Soluziona (agora Indra), inicialmente como analista de sistemas e posteriormente dirixindo proxectos para o Servizo Galego de Saúde como consultor sénior, onde participou no deseño e na implantación do sistema de historia clínica electrónica (IANUS).

En 2007 fundou a empresa Queres, na que desempeñou os cargos de CTO (responsable tecnolóxico) e CFO (responsable financeiro), á vez que participaba en diversos proxectos para múltiples clientes públicos e privados en calidade de consultor sénior. Esta etapa profesional péchase coa venda da empresa Queres á consultora Izertis en 2020.

De 2020 a 2022 foi responsable do departamento de Sistemas de Xestión de Contidos en Izertis, á vez que desempeñaba funcións de consultor sénior para a Área de Infraestruturas e Seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Tecnoloxías intelixentes para a xestión do patrimonio cultural

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia exporá os avances do proxecto Memoria dixital de Galicia, unha iniciativa impulsada pola Xunta que aproveita o potencial das tecnoloxías intelixentes para conservar, difundir e permitir o acceso universal ao patrimonio cultural da Comunidade. Un proxecto vivo, que implica á sociedade e a todos os axentes que interveñen na xestión do patrimonio cultural e que engloba diferentes iniciativas como Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia; o portal da revista Nós; sistemas para a xestión do patrimonio cultural galego e novas iniciativas como Galiciana semántica. O director da Axencia autonómica exporá tamén as claves da futura lei galega de intelixencia artificial, que está a piques de iniciar a súa tramitación parlamentaria e que converterá a Galicia na primeira rexión de Europa en contar cun regulamento para o uso da IA na Administración e nos servizos públicos, aliñado coa norma europea.

En Internet


NOTICIAS

Mantente informado con nuestro boletín.