Alba Meijide é licenciada en Intelixencia Artificial por The University of Manchester, onde posteriormente completou os seus estudos co Máster of Engineering en IA.
Desenvolve a súa actividade profesional como consultora independente e deseñadora de proxectos baseados en intelixencia artificial, para empresas tanto nacionais como internacionais en sectores moi variados como a medicina e ciencias da saúde, os efectos visuais, a animación, o turismo ou o ámbito legal entre outros. Conta con ampla experiencia en proxectos de Computer Vision con compañías como ILUX Visual Technologies ou O Ranchito, e actualmente, é consultora de IA para Illusorium Studios, desenvolvendo solucións innovadoras que potencien a eficiencia e creatividade do estudo, entre outros proxectos.
Estes desenvolvementos foron compaxinados co cargo de Exhibition Manager da exposición AI: More than Human na Coruña, unha exposición sen precedentes dos desenvolvementos creativos e científicos da intelixencia artificial.

