
O avance da intelixencia artificial (IA) está a transformar as nosas vidas. O evento «The AI Revolution Ferrol» ten como propósito reunir a destacados expertos nacionais para debater sobre o impacto e as oportunidades que esta tecnoloxía emerxente ofrece para o desenvolvemento socioeconómico e empresarial da comarca.
A través de mesas redondas, charlas especializadas e casos prácticos, abordaremos como a IA pode transformar sectores clave como a industria, a educación, a empresa, a saúde e o medio ambiente. Ademais, destacaremos o papel do Campus de Ferrol como motor de innovación e transferencia de coñecemento, conectando o talento universitario coas necesidades reais do territorio.
Estas xornadas buscan fomentar o diálogo, a colaboración e a aposta pola transformación dixital sustentable.
O reto de non quedar obsoletos nun mundo impulsado pola produtividade con IA.
Realidades, Promesas e Desafíos Empresariais.
Unha axencia de tecnoloxía creativa concibida para reinventar historias de innovación de marca a través de IA, Datos, Robótica e Automatización.
Poderá a regulación equilibrar a innovación e a protección de dereitos? Estamos preparados para os cambios que traerá a IA nos próximos anos?